Segundo partido e segunda vitoria, neste caso a vítima foi o Café Carrilana. Crónica por Kaka:
Sábado 18. 10:45h. Restollal. Temp: 10 ºC (máis-menos 3ºC), “Soleado” (ac ac ac).
O partido comezou cunha discusión entre o míster Miguel e o árbitro porque os da Carrilana son tan orixinais coma os do Garabal. Resultado, que como desta vez eramos nós os locais, tiveron que xogar como Deus lles de a entender cuns petos amarelos que parecían bolsas do Gadis. Matizar que neste sentido Baluja (recuperado da súa escordadura no pulso) foi darlle o palo a un paisano do outro equipo para que lle prestara a camisola vermella, porque el non tiña…
O TPT iniciou o choque con gran intensidade, e así foi como Go fixo o 1-0 cun forte disparo. O partido continua nesta dinámica durante a primeira metade, o que fai que o noso equipo se cargue de faltas rapidamente, obtendo a Carrilana un dobre-penalti en contra que parou o noso porteiro e aínda tivo tempo de salvar o rexeite. Pero equipo, aínda que gozou de varias ocasións, non soubo materializalas.
Na segunda metade, despois de que o árbitro viñese a tocar a moral en cada par polos saques de banda, pulseiras, pendentes, protectores das canelas e por calquera tonteria… pero somos boas persoas e non lle pegamos a un pobre enfermo. Isto afectoulle moito ao equipo anímicamente e fixo que se viñera abaixo e encaixara un gol froito do desconcerto mais non tardaría en adianterse de novo por medio de Go nun rápido contrataque. A partir de aí o equipo quixo evitar máis sorpresas e adicouse a defender a súa porteria intentando aproveitar as ocasións que tivo e non conseguiu materializar. E volveu pagar o erro da primeira metade sufrindo un dobre penalti no último minuto de partido, que de novo atallou o noso porteiro, dándonos a merecida vitoria.
Ao final o partido conclúe cun 2-1 ao noso fabor, pero o equipo non queda totalmente satisfeito pois non amosou o bo xogo do partido anterior, algo preocupante en vésperas do choque contra o Lobelle de Santiago. Por este motivo, o EQUIPO propúxose ADESTRAR (isto non é unha indirecta…) para acelerar a súa evolución, con ánimo de dar guerra dende o principio.
Este artigo tenta ser o máis obxectivo posíbel e conta con fontes pertencentes ao clube.
Incidencias: Míster Miguel foi amonestado ao comezo do partido por discrepancias co árbitro.
PD: datos atmosféricos obtidos mediante sistemas de ecuacións matriciais de 100 incognitas mediante o método de Ghauss.
Comentarios recientes